O Observatorio da industria Aeroespacial é una iniciativa que se desenvolve no marco da Civil UAVs Initiative, promovida pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Como resultado do convenio firmado entre GAIN e CAG, púxose en marcha este observatorio para a xeración, atracción, compilación e divulgación de coñecemento experto e estudos científicos en materia aeroespacial. O observatorio persegue ser un centro de referencia a nivel nacional e internacional na realización e difusión de estudos científicos económicos, estatísticos e de prospectiva do sector aeroespacial.