Iniciativa que se desenvolve no marco da Civil UAVs Initiative, promovida pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Observatorio para a xeración, atracción, compilación e divulgación de coñecemento experto e estudos científicos en materia aeroespacial.
Realización e difusión de estudos científicos económicos, estatísticos e de prospectiva do sector aeroespacial.
O Observatorio da industria Aeroespacial é unha iniciativa que se desenvolve no marco da Civil UAVs Initiative, promovida pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e levada a cabo polo Consorcio Aeronáutico Galego.
Como resultado do convenio firmado entre a Axencia Galega de Innovación e CAG, púxose en marcha este observatorio para a xeración, atracción, compilación e divulgación de coñecemento experto e estudos científicos en materia aeroespacial. O observatorio persegue ser un centro de referencia a nivel nacional e internacional na realización e difusión de estudos científicos económicos, estatísticos e de prospectiva do sector aeroespacial.